Condenan a 76 anos de cárcere os tres atracadores dunha sucursal da Cañiza pola morte dun garda civil
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia provincial de Pontevedra condenou a cun total de 76 anos de prisión aos tres atracadores dunha sucursal bancaria da Cañiza pola morte dun garda civil.
O tribunal pontevedrés atende a tese esgrimida pola Fiscalía e a acusación particular e considera que os tres procesados José Vilar Casal, José Ángel Martíns Mendoza e Fernando Condines Portela, son responsables da morte do axente da Benemérita, Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, así como do intento de homicidio do seu compañeiro.
ÿ dicir, tal e como solicitaba o fiscal xefe, Juan Carlos Aladro e a letrada da Asociación Unificada da Garda Civil, os maxistrados estenden todos os delitos, incluíndo o roubo e a tenza ilícita de armas aos procesados.
En concreto, José Vilar, autor material confeso dos disparos que acabaron coa vida do axente, foi condenado a catorce anos por homicidio consumado, a oito polo intento de homicidio do segundo garda civil, a dous anos e medio polo roubo e a dous anos pola posesión da arma do crime.
Os outros dous atracadores, Martíns Mendoza "o Peque" e Fernando Condines Portela, son condenados a doce anos e medio por homicidio consumado e sete e medio polo intento de homicidio, e imponlles igual condena que a Vilar Casal polo roubo, dous anos e medio, e pola posesión da arma, outros dous anos para cada un deles.
A viúva do garda Jorge Piñeiro debe ser indemnizada con 140.000 euros, mentres que cada un dos seus tres fillos con 70.000
Na sentenza considérase probado que aquel 17 de agosto do ano 2010 os tres consensuaron o plan para asaltar a sucursal de Caixa Galicia da Cañiza, repartíndose as tarefas que cada un deles ía desempeñar, (práctica do butrón, labores de vixilancia, transporte de material), sempre nunha unidade de acción.
O alto tribunal provincial determinou que a viúva do garda Jorge Piñeiro debe ser indemnizada con 140.000 euros, mentres que cada un dos seus tres fillos con 70.000. A resolución establece, así mesmo, unha indemnización de preto de 11.000 euros para o compañeiro do falecido.
Relacionadas:
-
Os atracadores da Cañiza piden perdón á viúva e aos orfos do garda civil falecido
Por Oskar Viéitez |
-
'El Peque' que revolucionou o Avelino Montero enfróntase a 25 anos máis de cárcere
Por Oskar Viéitez |
-
O atracador que matou un garda civil asegura que os seus disparos foron fortuítos
Por Oskar Viéitez |