Xornada de 'loita conta a impunidade' na Deputación co fomento de accións xudiciais contra barbaries do franquismo
Por Redacción
Este venres desenvolvíanse na Deputación Provincial unhas xornadas de memoria histórica baixo o título 'Na Loita contra a impunidade' coa participación, entre outros relatores, do loitador antifranquista Chato Galante, que manifestaba que resulta incomprensible que no noso país se xulguen crimes contra a humanidade cometidos en medio mundo, pero non se xulgan os crimes contra a humanidade cometidos polo franquismo.
Neste encontro tamén se deron cita a deputada de Memoria Histórica, María Ortega, ademais dos avogados de CeaQua, Jacinto Lara e Paloma García, ademais da representante do grupo Avogados Novos, Jana Calero.
Con este evento, indicou María Ortega, quérese dar un importante paso nos dereitos humanos para que as institucións públicas non só condenen o franquismo, senón que adopten medidas para garantir o dereito á xustiza e á reparación das vítimas.
Neste sentido reclama as modificacións no ordenamento xurídico e lexislativo para recoñecer a tutela xudicial efectiva e terminar co sistema actual "de impunidade". Desta forma rexeita a prescrición dos dereitos e tamén a Lei de Amnistía que consolida esa impunidade e evita que se investiguen os crimes cometidos durante 40 anos.
Galante, pola súa banda, indicaba que en relación ás reclamacións penais indicou que só se logrará xustiza cando a causa se xulgue en España. Pero apuntou a que os primeiros pasos van dar nos tribunais internacionais. Estes procesos, engadiu, abriranse moi probablemente en 2020 e serán a oportunidade para que un órgano de Tratado Internacional de Dereitos Civís e Políticos expoña a necesidade de xulgar eses crimes.
Os representantes legais sinalaron que para a reclamación xudicial as vías que se abren son por parte das institucións públicas e tamén por parte dos particulares, a través da xustiza universal coa querela arxentina ou, de maneira complementaria, con accións legais nos xulgados e tribunais galegos.
ACTO FINAL
Os actos de memoria histórica que organizou a Deputación no marco do recordo dos fusilamentos do 12 de novembro en Pontevedra concluirán este sábado 16 cun acto institucional ás 12.00 horas, aberto ao públcio, no que as familias Bóveda e Caamaño asinarán a súa adhesión á querela arxentina.
No acto, as dúas familias reclamarán xustiza polos crimes cometidos no 36 contra Alexandre Bóveda e Amancio Caamaño e farán un chamamento simbólico a outras familias de vítimas durante a ditadura para que inicien procesos xudiciais.
Relacionadas:
-
As Xornadas de Loita contra a Impunidade abordarán como a corrupción franquista pervive na actualidade
Por María José Pita |
-
As familias Bóveda, Caamaño e Paz prevén presentar en febreiro a querela polos crimes do franquismo
Por Redacción |
-
Lectura pública da Declaración Universal dos Dereitos Humanos polo seu 71 aniversario
Por Redacción |
-
O Teatro Principal acolle a estrea do documental 'A memoria neta'
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A familia Paz súmase ás de Bóveda e Caamaño e adhírese á querela arxentina contra os crimes do franquismo
Por Redacción |
-
As familias Bóveda e Caamaño adhírense á querela arxentina contra o franquismo
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Pontevedra lembra ás vítimas do franquismo no día da exhumación do ditador
Por Manu Otero |
-
'Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo' enche de público o Arquivo Provincial
Por Redacción |