Perde o control do seu vehículo e arrastra varias persoas antes de caer ao mar
Por Oskar Viéitez
Cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración nun accidente de tráfico que tivo lugar arredor das sete e media da tarde deste mércores en Cambados.
Por causas que se descoñecen o condutor dun Volkswagen Golf que circulaba pola zona da Torre do Barrio de San Tomé perdeu o control do seu vehículo arrastrando a cantas persoas se encontrou ao seu paso antes de precipitarse ao mar.
Ata o lugar do accidente acudiu un amplo dispositivo de emerxencias para atender ás vítimas incluído o helicóptero do 112.
Fontes da Policía Local de Cambados explicaron que o condutor atropelou a sete persoas, algunhas das cales foron trasladado ao Hospital do Salnés unha menor de idade e ao Hospital Clínico Universitario de Santiago unha muller, ASD, de 50 anos. Ademáis foron atendidos no PAC de Cambados un menor de idade e unha muller, MLG, de 36 años, segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Entre os feridos que non precisaron traslado hospitalario atópase o propio conductor do coche, que deu negativo na proba de alcoholemia. Foi detido de todas formas pola Policía Local tras comprobar que non tiña e que "nunca tivo" permiso de conducir.