Unha avaría na potabilizadora de Sebil deixa sen auga corrente aos veciños de Cuntis
Por Redacción
Unha avaría no sistema de subministración eléctrica na estación de tratamento de augas potables de Sebil, en Cuntis, deixou sen auga ao núcleo urbano da vila termal e a varias zonas rurais.
Durante toda a mañá deste xoves, operarios do Concello e da empresa concesionaria da ETAP, Espina y Delfín, traballaron na solución do problema, que á primeira hora da tarde quedou resolto.
O fallo de funcionamento afectou a dous das bombas da depuradora de Sebil, polo que a subministración de auga aos fogares quedou cortado.
Durante a mañá, os traballadores xa conseguiran devolver a subministración a unha parte da cidadanía, pero non foi ata despois da hora da comida cando a incidencia quedou completamente emendada.