A Policía Nacional recupera 42.000 euros roubados nun local comercial de Marín
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da comisaría de Marín detiveron unha persoa por delito de roubo con forza. O 5 de novembro, un empresario local denunciaba en dependencias policiais o roubo de, polo menos, 36.000 euros en efectivo nun establecemento comercial de Marín.
Os integrantes da Policía Nacional efectuaron a inspección ocular no local e comprobaron que despois de forzar as portas para acceder ao local, cortara cunha radial a caixa forte na que se atopaba o diñeiro.
A partir dese momento, o dispositivo do grupo de xudicial iniciaba as investigacións para tratar de aclarar as circunstancias do roubo, ademais de intentar identificar o autor do roubo.
Este martes 12, os axentes lograban identificar o presunto autor, que foi detido. Recuperaron 42.000 euros en efectivo produto do roubo e lle interviron as ferramentas coas que supuestamente forzou a caixa forte.
O diñeiro recuperado foi entregado polos axentes ao seu lexítimo propietario, segundo informan desde a Policía Nacional.