A unidade de fisioterapia do centro de saúde de Tenorio entra en funcionamento o luns 18 de novembro
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde vén de anunciar que o luns 18 de novembro pon en funcionamento asistencial a unidade de fisioterapia do centro de saúde de Tenorio, no Concello de Cerdedo-Cotobade.
Este novo servizo ten o seu emprazamento no andar principal do centro de saúde e dispón dun espazo e de 100 metros cadrados que inclúen sala de espera, área de rehabilitación e tratamentos de 70 metros cadrados dotada con diversa aparataxe para efectuar exercicios, un espazo de técnicas específicas, unha consulta de fisioterapia e un almacén de material.
No que atinxe ao seu cadro de persoal, contará cun fisioterapeuta de Atención Primaria, que prestará atención en horario ordinario de mañá.
A previsión da Área Sanitaria de Pontevedra contempla que esta nova unidade preste cobertura a arredor de 15.000 habitantes dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Forcarei, realizando funcións preventivas e de tratamento fisioterapéutico.
Relacionadas:
-
O Sergas xustifica a súa decisión de ubicar en Tenorio a unidade de fisioterapia
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz acusa o Sergas de conceder "a dedo" unha unidade de fisioterapia ao centro de saúde de Tenorio
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas volve reclamar unha ambulancia asistencial: "Estamos moi mal atendidos"
Por Almu Dapena |
-
Denuncian a escaseza de servicios de atención pediátrica en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |