Alertan de posibles desbordamentos do Lérez, o Umia e o Verdugo polo temporal
Por Redacción
As copiosas choivas que se esperan para as próximas horas en Galicia levaron ao 112 a alertar do risco de que se produzan desbordamentos en trece dos ríos máis importantes da comunidade, entre eles o Lérez, o Umia, o Verdugo ou o Oitavén.
En todos eles, os sistemas de observación e control mostraron que o seu caudal foi en aumento durante os últimos días e as trombas de auga que caerán este xoves poderían provocar inundacións nos seus arredores.
Ante esta situación o 112 Galicia recomenda afastarse das zonas de ribeira, evitar as pontes que os cruzan, non camiñar por zonas asolagadas, retirar vehículos da marxe dos ríos ou afastarse de construcións, cables ou postes da luz que poidan derrubarse.
Ademais, se a inundación chega a unha vivenda aconsellan taponar portas e xanelas, desconectar a corrente eléctrica, almacenar auga envasada e comida en conserva, ter unha caixa de primeiros auxilios preparada e evacuar a casa se reciben a orde dos servizos de emerxencia.
Este aviso engádese á alerta vermella que decretada para a costa de Pontevedra, onde as ondas alcanzarán os nove metros de altura.
Este episodio coincide con mareas vivas, que, no momento da pleamar, pode dar lugar a inundacións no litoral das Rías Baixas.