Ferido un motorista ao golpearse coa barreira da peaxe
Por Oskar Viéitez
Segundo informa o 112 o suceso aconteceu ás 17.00 horas na peaxe de Alba da Autoestrada do Atlántico (AP-9).
O piloto dunha motocicleta que circulaba en sentido Vigo golpeouse coa barreira da peaxe.
Ata o lugar do accidente acudiu unha ambulancia que trasladou ao ferido ata un centro hospitalario.
Estas mesmas fontes informaron doutro accidente acontecido ás 13:26 horas en Poio. Foi un particular quen avisou os servizos de emerxencia por unha caída dun motorista na Avenida de San Xoan, á altura do número 19.
Como consecuencia do suceso resultou ferido o piloto.