O Nadal de Marín acenderase o 5 de decembro e chega cargado de actividades lúdicas para menores
Por Redacción
O Nadal está ao virar a esquina e en Marín xa teñen perfilada unha ampla axenda de actos e un amplo abanico de actividades e ornamentos que encherán de visitantes as rúas da vila.
Un dos momentos máis esperados será o aceso da iluminación típica destas datas, que en Marín está programado para o 5 de decembro ás 18.30 horas na Alameda. Un dos elementos diferenciais da decoración marinense serán os arcos da Avenida de Ourense, as figuras estreladas das parroquias, a árbore de luz de 10 metros que se instalará no parque Eguren ou a caixa de agasallo xigante que se colocará na Alameda. O evento concluirá cunha chocolatada popular na rúa Fondo do Saco.
Doutra banda e seguindo coa tradición, o Concello colocará dúas carpas no parque Eguren e na Alameda pensadas para distintos grupos de idade.
Para os máis pequenos será a da Alameda, un espazo de 400 metros cadrados nos que haberá todo tipo de actividades e xogos, como un parque multiaventura con colchonetas, tirolesas, camas elásticas ou piscina de bólas. Abrirá o 20 de decembro e permanecerá en funcionamento ata o dia de Reis.
Para o público xuvenil será a do parque Eguren. Serán 1.000 metros cadrados equipados con máquinas de dardos, futbolines ou billares, así como un parque aventura e un scape room. Estará aberta desde o 20 ao 3 de xaneiro.
Ademais destas iniciativas, o programa festivo do Concello de Marín para o Nadal está repleto de actividades para todos os públicos.
Relacionadas:
-
Marín inicia o Nadal este xoves coa iluminación e a instalación dunha árbore de 10 metros
Por Redacción |
-
Plantan por erro na Ferrería a árbore de Nadal de Curros Enríquez
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Marín reparte 2.500 euros entre as oenegués para que os seus usuarios celebren o Nadal
Por Redacción |
-
A alameda de Marín volverá contar co mercado de Nadal das ANPAS
Por Redacción |
-
Papá Noel, un carrusel e un tren alegrarán o Nadal dos marinenses
Por Redacción |
-
O goberno local de Marín, orgulloso co desenvolvemento das festas de Nadal
Por Redacción |