O PSOE provincial aposta porque nas autonómicas se vai repetir o mesmo resultado destas xerais
Por Redacción
Alegría e satisfacción. Así definía David Regades, secretario xeral do PSdeG-PSOE en Pontevedra, as sensacións que lle transmiten os resultados electorais durante a xornada do 10N na provincia.
Acompañado dos deputados electos Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra e de Marica Adrio, escollida tamén xunto a Modesto Pose para representar á provincia no Senado, Regades sinalou que o PSOE foi a forza que freou á dereita, PP e Vox, en Galicia.
Os socialistas lembraron que é a cuarta cita electoral na que, de maneira consecutiva, vencen na provincia consolidando os votos. Regades afirmaba que gañaran na maioría dos concellos nos que goberna un alcalde socialista e, por este motivo, confía en que ese voto se traslade tamén ás próximas eleccións autonómicas.
"No tenemos duda de que este resultado se va a repetir en las autonómicas", afirmou o secretario xeral socialista. Neste sentido, lembraba que en Vigo obtiveron o mellor resultado de toda España, ademais destacaba a vitoria en concellos como o de Pontevedra e en diferentes vilas: Caldas, Cangas, Catoira, Cuntis, Fornelos, Gondomar, O Grove, Arousa, Moaña, Mos, Nigrán, Ponteareas, Porriño, Redondela, Salvaterra, Tomiño, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía. Sinalaba que o PSOE gaña onde vive o 68% da poboación da provincia.
David Regades apuntaba dos 500.000 votos que a agrupación socialista obtivo en Galicia, 200.000 procedían de Pontevedra, un 40%. Pediu ás forzas de esquerdas que reflexionen despois dos resultados deste domingo en referencia á baixada en voto dun 20% que sufría Unidas Podemos. Pediu ao resto de partidos que favorezan a gobernabilidade.
Relacionadas:
-
O PSOE pontevedrés apoia de maneira maioritaria o acordo de goberno con Unidas Podemos
Por Redacción |
-
O pontevedrés Guillermo Meijón, o deputado máis madrugador no novo Congreso
Por Redacción |
-
"Obxectivo cumprido" no BNG ao regresar ao Congreso cun escano
Por Oskar Viéitez |
-
Satisfacción no PP local polo resultado electoral: "cambiamos la tendencia"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE revalida a súa hexemonía en Pontevedra ante un PP en alza e o descalabro de Ciudadanos
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada