As socialistas instan a votar "con cabeza e corazón de muller"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A praza de Concepción Arenal foi o lugar elixido polo Partido Socialista para pechar a súa campaña electoral en Pontevedra cun acto denominado "Con Voz de Muller".
A primeira en tomar a palabra foi a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, que instou á cidadanía para votar "con cabeza e corazón de muller" xa que "nos xogamos avanzar ou retroceder" ante as políticas de "extremadereita".
A candidata ao Senado, Marica Adrio, advertiu que "los avances en derechos y libertades siempre han venido de la mano de gobiernos socialistas" e tivo un recordo emocionado para a prestixiosa bioquímica Margarita Salas, recentemente falecida.
Pola súa banda, Olga Alonso, cabeza lista do PSdeG-PSOE ao Congreso, destacou a importancia do voto feminista este domingo 10 de novembro "esta é a nosa loita e non pensamos aceptar unha derrota como resultado final".
Finalmente, pechou este acto electoral a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que quixo "alertar a todas as mulleres do que pode pasar o 11 de novembro se non goberna o PSOE" facendo un chamamento ao electorado feminino porque "xuntas somos imparables".
Carmela Silva expresou a súa preocupación ante un posible retroceso en materia de igualdade se goberna a "miserable" ultradereita "non poden pasar!", gritou "está en xogo a nosa vida".
Relacionadas:
-
Tranquila xornada de reflexión para os políticos pontevedreses
Por Alejandro Espiño |
-
Os populares piden centrar o voto da dereita no PP para derrocar a Sánchez
Por Manu Otero |
-
O PSOE chama a "frenar a la ultraderecha" para evitar o retroceso en dereitos e liberdades
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O PSOE sostén que 'Ence si, pero non aí' e aposta por unha mesa de negociación para o traslado
Por Redacción |