Comezan as obras para a mellora da contorna do santuario das Milagres de Amil
Por Redacción
As obras de humanización e mellora viaria e peonil no núcleo da Chan, na parroquia de Amil, en Moraña. Está previsto remodelar de forma integral a pista municipal de 648 metros de distancia que rodea ao Santuario das Milagres e que une espazos como a zona verde, a Casa da Cultura, o campo de fútbol, o local de Cultura ou a escola unitaria.
Con estes traballos, o Concello de Moraña, cuxa alcaldesa Luisa Piñeiro visitaba este xoves a zona, busca mellorar a mobilidade e a seguridade desta vía. Está prevista un investimento de 253.000 euros e rematará no primeiro trimestre de 2020.
Alárgase a sección da calzada ata os oito metros. A pista, que percorre o lugar da Chan, e conecta polos dous extremos coa estrada EP-0018. Tras a remodelación contará cunha calzada de 5,20 metros con carrís de 2,35 metros. Construirase unha senda peonil de 2,50 metros de ancho cun espazo polo que se canalizarán as augas pluviais.
Todo este traballo complétase con medidas de acougado de tráfico e a creación de pasos de peóns, desmontes, reconstrucción de muros de contención e a instalación das tubaxes e de pozos de rexistro, cada 40 metros, para a recollida de escorrentías.
As obras acometéronse nesta época do ano para non afectar á romaría das Milagres. A obra cofinánciase con fondos do Plan Deporemse da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello de Moraña.
Relacionadas:
-
Moraña volve a licitar a mellora viaria de Chan de Amil e da contorna perimetral do Santuario dos Milagres
Por Redacción |
-
Moraña pide á Deputación retomar a reforma da estrada entre Mané e Rebón
Por Redacción |
-
Moraña cubrirá os contedores e mellorará a sinalización turística para embelecer a vila
Por Redacción |
-
Amil venera os Milagres baixo un sol de redención
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Moraña instala carteis informativos en igrexas, carballeiras e enclaves de interese
Por Redacción |