Requisan aos furtivos 161 quilos de distintas especies
Por Redacción
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron máis de 161 quilos de distintas especies, 131 aparellos de pesca e 1.000 metros de artes de enmalle en distintos operativos realizados nas rías de Arousa e Pontevedra nas últimas semanas.
Na Ría de Arousa tamén se realizaron varios operativos, onde os axentes comisaron máis de 121 quilos de especies, incautaron 129 aparellos e 500 metros de artes de enmalle. O operativo máis destacado deu como resultado a aprehensión de 105 nasas e o comiso dos 37 quilos de polbo que había no seu interior.
Na Ría de Pontevedra, os axentes fixéronse con preto de 40 quilos de distintas especies, 3 aparellos de pesca e 500 metros de artes de enmalle.