Galáurea é recoñecida como a mellor iniciativa en igualdade de oportunidades de Galicia
A empresa pontevedresa Galáurea, dedicada a prestar servizos de atención ás persoas en situación de vulnerabilidade ou dependencia, resultou gañadora na modalidade de igualdade de oportunidades dos Premios GEMCAT.
Trátase da 2ª edición dos Premios Transfronteirizos de Conciliación Laboral e Persoal e Igualdade de Oportunidades, no marco do proxecto GEMCAT – Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo, do que a Xunta de Galicia forma parte.
O Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT) intervén en varias zonas do espazo de cooperación da fronteira hispano-portuguesa. O territorio español está representado pola Comunidade Autónoma de Galicia; as provincias de León, Zamora, Valladolid, Salamanca e Ávila, pertencentes á Comunidade Autónoma de Castela e León; e a Comunidade Autónoma de Estremadura. En Portugal, o ámbito de actuación será a Rexión Norte, incluíndo Minho-Lima, Cávado e Gran Porto a través da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o municipio de Braga e a Universidade do Porto.
O evento de entrega de Premios celebrouse o pasado 5 de novembro no Salón de Actos da Consellería de Emprego e Industria da Xunta de Castela e León, onde se desprazou Marta Blanco Marbán, a xerente da empresa, para recoller o premio.
RECOÑECEMENTO Á PROFESIONALIZACIÓN DOS COIDADOS
Para entender a importancia deste premio recibido por Galáurea, cuxa actividade céntrase na asistencia domiciliaria, é necesario contextualizar a situación e a percepción dos coidados e o traballo no fogar ao longo da historia, para entender a función social e o compromiso de Galáurea coa profesionalización do traballo e a dignificación das persoas que prestan e reciben axuda no fogar.
A provisión de coidados e dos familiares próximos que por idade, enfermidade ou dependencia non puideron valerse por si mesmos, levouse a cabo histórica e sistematicamente na contorna familiar, nun modo informal, guiado pola confianza e o afecto entre os membros da familia e circunscrito ao ámbito privado sen alcanzar transcendencia pública. A función social do coidado constitúe a realización dun dos deberes máis relevantes nas sociedades tradicionais: o deber moral de coidado á familia, a solidariedade interxeracional.
Os aspectos negativos derivados do coidado como traballo formal (menores salarios, posibilidades de promoción e retribución) desembocan con frecuencia na xeración dunha categoría de traballadoras precarias. As circunstancias desfavorables agrávanse cando estes coidados son informais e as mulleres non acceden ao mercado laboral porque a asunción da función de coidado llo impide. Ademais, as mulleres que realizan os coidados informais para poboación de idade avanzada non recibiron a formación adecuada.
Co Estado de benestar, a asunción dos coidados como unha prestación pública constitúe un notable avance ao considerarse estes coidados como un elemento valioso e merecedor dunha protección relevante, máxime nos casos nos que parte desta protección alcanza o carácter de dereito subxectivo con axudas á dependencia.
Teniendo en cuenta este contexto histórico-cultural, onde as mulleres viñeron desenvolvendo o traballo de coidados no fogar como unha actividade informal non valorada desde o punto de vista social, e non remunerada ou irregular desde o punto de vista económico, o compromiso de Galáurea céntrase en 3 alicerces básicos: visibilizar a importancia dos coidados e o traballo no fogar; dignificar a profesión de Asistencia domiciliaria; prestar o servizo coa sensibilidade e as garantías de calidade que require o traballo asistencial e de coidados no fogar; e mellorar a cualificación e empregabilidade das mulleres en contornas rurais.