As obras no parque de Punta Vicaño avanzan a "bo ritmo"
Por Redacción
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo puxo en marcha un proxecto, valorado en 48.300 euros, para continuar coa mellora ambiental dos 22.000 metros cadrados do parque de Punta Vicaño.
Desde o Concello destacaron que, a pesar das choivas desta semana, "as obras van avanzando a bo ritmo" e xa están delimitada a zona do carreiro e a dos estanques.
Esta actuación está a consistir na restauración dun carreiro e a incorporación dun estaque con especies vexetais acuáticas, que atraerá máis aves e anfibios.
No carreiro está a regularizarse o firme e instalando traveseiros de pedra rústica para evitar a súa descomposición, conténdoo transversalmente e resolvendo o problema de evacuación de augas con outros traveseiros instalados de maneira oblicua.
O estanque estará na zona intermedia do parque. A auga partirá dun pozo xa existente, poñéndoo así en valor, e seguirá o seu curso aproveitando a pendente xerada cuns chanzos ata chegar ao estaque, que terá unha superficie de 80 metros cadrados.
REXENERACIÓN DO PARQUE
No ano 2018, levou a cabo unha talla de parte do arboledo existente, principalmente piñeiros, que creceran demasiado xuntos, estaban enfermos e tiñan unha altura que presentaba un perigo para os usuarios do parque.
Tal e como se comprometeu o goberno despois de tallar os piñeiros, levou a cabo a plantación de máis de 80 novas árbores de distintas especies.
Relacionadas:
-
Sanxenxo proxecta novas actuacións no parque de Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Un informe do Areeiro recomenda eliminar sete piñeiros en Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilita un estanque para atraer aves e anfibios a Punta Vicaño
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo construirá un estanque de 80 metros en Punta Vicaño
Por Manu Otero |
-
A plantación de árbores en Punta Vicaño está a piques de terminar
Por Redacción |