Mosteiro prepárase para a VI Feira Labrega que se celebra o próximo domingo
Por Redacción
A Asociación Cultural Cabemeis organiza o próximo domingo 14 de xullo, por sexta vez, unha nova edición da Feira Labrega, recordando a que foi unha das feiras de gando máis importantes de Galicia a finais do século XIX.
O Campo da Feira de Mosteiro será escenario un ano máis dun evento que arrancará ás 10:00 horas e contará cun mercado popular, recreación de oficios antigos ou presenza de gando, ademais dos traxes tradicionais que farán retroceder os asistentes ao pasado. Tampouco faltarán as tabernas dos días de feira, onde se poderán degustar pratos como calos, carneiro e chourizo con pan e viño por un prezo de 1,50 euros.
A actual Feira do Mosteiro se remonta ao ano 1870, tras a desaparición da Feira de Barrantes, aínda que nun principio se celebraba no lugar de Bouza-Zacande ata que o seu crecemento obrigou ao seu traslado.
A xornada, que conta coa colaboración do profesor e investigador Mario Gallego e as asociacións Jomime e A Croa, estará amenizada polos grupos folclóricos Os Druidas, O Trevo, a Agrupación Paredela, as 'cantareiras' Madia Leva e as bandas de música do Concello de Meis.