Cae nas escaleiras do Arquivo, denuncia ao Concello e o xuíz dille que foi por falta de atención
Por Manu Otero
O Concello de Pontevedra recibiu este luns a sentenza do Xulgado pola denuncia presentada por unha persoa que sufriu unha caída nas escaleiras do Arquivo Municipal, pola que reclamaba 57.000 euros en concepto de danos e prexuízos.
A portavoz do goberno local, Anabel Gulías, explicou que os tribunais desestimaron a reclamación ao entender que o estado das escaleiras dun edificio histórico de máis de cen anos de antigüidade non influíron na caída tanto como a mala sorte e a falta de atención do accidentado, polo que sentenciou en favor do Concello.
Doutra banda, a Xustiza deu tamén a razón ao goberno local, que ordenou a demolición dunha construción de planta baixa e de 40 metros cadrados de superifice nun polígono de Pazos ao entender que non se axustaba á normativa urbanística. O propietario recorreu aos tribunais, que fallaron a favor do goberno local.
Relacionadas:
-
O xulgado obriga o Concello a indemnizar unha veciña de San Roque polas inundacións do seu semisoto
Por Redacción |
-
O Concello pagará 2.059 euros a unha persoa que tropezou nunha lousa no cruzamento Roffignac-Benito Corbal
Por Redacción |
-
Condenan á Xunta a pagar 13.000 euros a unha muller que caeu en Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño |
-
Desestiman unha reclamación ao Concello por unha caída na beirarrúa
Por Oskar Viéitez |
-
Indemnizan con máis de 7.500 euros unha muller que tropezou nun sumidoiro
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello indemnizará con 8.600 euros a unha veciña que caeu nunha fochanca
Por Redacción |
-
Hai que mirar por onde se anda
Por Marisa Ciordia |