Un camión provoca danos na ponte de Eduardo Pondal
Por Redacción
Un camión causaba esta madrugada diversos danos na estrutura da ponte de Eduardo Pondal ao encaixar a cabina contra o viaduto. O impacto produciu danos na estrutura metálica.
Os bombeiros do Parque de Pontevedra desprazáronse durante a noite ata a zona para retirar algunhas das láminas da infraestrutura e evitar que se desprendesen sobre algún dos numerosos vehículos que circulan por esta vía que conecta coa urbanización de Campolongo.
Esta ponte sufriu danos en varias ocasións por este tipo de incidentes como consecuencia da tentativa dos condutores de camións de grandes dimensións a pasar por baixo da ponte. Neste caso, o condutor fixo caso omiso do gálibo situado metros antes alertando do límite de altura dos vehículos para transitar por este tramo.
En agosto de 2017 xa se levaron a cabo traballos para reparar a infraestrutura, despois de que un condutor tamén se saltar o gálibo e impactara contra a ponte pola que pasa a avenida de Vigo na súa parte superior.