Unha carta náutica mostra ata 45 topónimos da Ría de Pontevedra utilizados por Colón en América
Por Diego Espiño
Era realmente Cristóbal Colón natural de Poio? Segue sendo unha teoría de difícil demostración, pero a Asociación Cristóbal Colón Galego e a Autoridade Portuaria de Marín e Ria de Pontevedra desenvolveron unha carta náutica co obxectivo de reafirmarse nesta convicción.
Nesa carta numéranse ata 45 topónimos de accidentes xeográficos ou lugares da ría que posteriormente foron utilizados polo descubridor para bautizar zonas ao outro lado do charco, como recoñece Eduardo Esteban, presidente da asociación: "la teoría gallega ha sido cuestionada por otras pero la toponimia no se puede cuestionar".
A esta argumentación súmase o seu vicepresidente, Fernando Alonso: "Colón no utilizó ningún nombre genovés o de otra parte de Italia, pero a medida que uno se acerca a San Salvador y a la que se decía que era su casa los nombres usados son más".
Tanto Alonso coma Eduardo Esteban aseguran que son máis de 200 os topónimos galegos que encontran correspondencia en América, sendo "demasiada coincidencia" que ríos como o Xallas, único de Europa que desemboca no mar mediante unha fervenza, conte cun río irmán coas mesmas características en Xamaica.
En canto á Ría de Pontevedra, os topónimos destacados son, entre outros, San Salvador, Portosanto, Río Serpe, Punta a Moa, Punta do Ferro, Pedralonga, San Bartolomé ou Punta Faxilda.