Investigan un veciño de Poio como presunto autor dunha manipulación do contador da auga
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio interviñan durante esta semana na investigación dun veciño da parroquia de San Salvador de Poio tras detectar a manipulación dun contador de auga.
A empresa concesionaria de auga do Concello de Poio, Viaqua, solicitaba a colaboración policial para que realizasen a inspección nunha vivenda unifamiliar. Os axentes policiais e os técnicos da empresa comprobaron que se utilizaron mecanismos no contador para alterar as indicacións e evitar que se contabilizase o paso da auga, co obxectivo de aforrarse o pago da factura correspondente.
Tras a inspección, os axentes abriron unha investigación ao propietario da vivenda como presunto autor dun delito de fraude nos rexistros da subministración de auga.