Día de Todos os Santos pasado por auga e con menos asistencia aos cemiterios
Por Redacción & Diego Torrado
Os pontevedreses cumpriron este venres, como cada 1 de novembro, coa tradición de visitar os seus cemiterios e as tumbas dos seus defuntos. A choiva que caeu de forma intermitente durante toda a xornada reduciu a asistencia a algúns dos camposantos, nos que adoitan ser habitual presenciar atascos e aglomeracións. En todo caso, o goteo de familiares e amigos foi constante durante toda a xornada.
Como é habitual polo Día de Todos os Santos, as flores foron as grandes protagonistas da xornada e difícil resultaba ver algunha tumba ou panteón nos cemiterios da comarca de Pontevedra sen esta ofrenda aos defuntos.
Ademais, en localidades como Pontevedra e Poio establecéronse operativos especiais de tráfico das respectivas policías locais que incluíron a instalación de sinalización específica e o deseño de plans de tráfico para garantir unha correcta circulación dos numerosos vehículos que se achegaron polos mesmos.
Relacionadas:
-
Os vendedores do mercadiño de Todos os Santos queren unha carpa
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Ampliación de horarios, operativo especial de tráfico e posta a punto dos cemiterios municipais
Por Redacción |
-
Marín lembra aos propietarios de panteóns a obrigación de mantelos en bo estado
Por Redacción |
-
Prohiben os 'chorreos' de auga a presión ou con area nos cemiterios de Marín
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Falemos da morte
Por Marisa Ciordia |
-
O día de Todos os Santos volve encher os cemiterios de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |