Centos de persoas saen á rúa en Cuntis "por unha sanidade digna"
Por Redacción
Centos de persoas, por momentos máis de 600, sumáronse na noite deste xoves á manifestación convocada en Cuntis para denunciar a deficiente atención sanitaria que está a recibir o municipio.
A manifestación contou coa presenza de todos os grupos políticos que reclaman á Xunta que teña en conta as súas reivindicacións ante as "deficiencias" coas que a poboación se atopan a diario. O alcalde, Manuel Campos Velay, advertiu á administración autonómica que "Cuntis non vai parar ata conseguir o que lle corresponde por lei".
Todos marcharon tras o lema 'Por unha atención sanitaria digna' e percorreron as rúas máis céntricas do municipio. A continuación, os máis pequenos da localidade, usuarios do servizo municipal Cuntilín, leron un manifesto no reclamaron "que nunca máis haxa a necesidade de pedir algo que xa deberiamos ter".
"Por desgraza, estamos aquí unha vez máis pedindo un dereito co que xa deberiamos contar sen necesidade de ter que pedilo", comezou o manifesto, no que explican que esta manifestación fíxose necesaria pola "falta de persoal médico" no seu centro de saúde e a "dificultade" para conseguir citas que, cando llas dan, son "con excesiva demora".
Os manifestantes denunciaron que Cuntis "está a converterse nun pobo esquecido", xa que os seus veciños carecen de "algo tan esencial" como unha boa sanidade pública e, como colofón á súa protesta sinalaron que "non rogamos, esiximos a quen sexa necesario que se nos escoite e que se solucione xa este problema".
Entre as críticas veciñais que levaron a esta manifestación destacan que en Cuntis "adoece" de persoal para cubrir os servizos básicos necesarios.
Relacionadas:
-
Cuntis leva ao Valedor do Pobo e ao Defensor del Pueblo a situación do centro de saúde
Por Redacción |
-
Cuntis considera "insuficiente" as medidas do Sergas para mellorar o servizo do centro de saúde
Por Redacción |
-
Cuntis lamenta a falta de resposta de Sanidade á "precariedade" e o "colapso" no centro de saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis fártase dos problemas de persoal no centro de saúde e anuncia mobilizacións
Por Redacción |
-
Cuntis denuncia a falta de médicos e saturación no centro de saúde
Por Redacción |
-
Manuel Campos aborda co Sergas a continuidade do servizo de matrona no centro de saúde de Cuntis
Por Redacción |