Ampliación de horarios, operativo especial de tráfico e posta a punto dos cemiterios municipais
Por Redacción
Os cinco cemiterios municipais de San Amaro, Ponte Sampaio, Lourizán, Campañó e Bora permanecerán abertos en horario continuo desde as 9 da mañá ata as 7 da tarde, ata o vindeiro luns, 4 de novembro.
Esta ampliación de horarios enmárcase no operativo especial do Día de Defuntos, que tamén incluíu unha posta a punto de todos os recintos, na que se procedeu á corta de setos e céspede, podado e recorte ornamental de árbores, arranxo de zonas axardinadas, soplado, barrido e chorreado de solos e muros, e ao desbroce de parcelas interiores e colindantes.
A esta posta a punto hai que engadir as limpezas xerais en todos os ámbitos dos cemiterios do concello, sexan ou non municipais, que está a realizar a concesionaria de limpeza, Ferrovial.
Estes labores complementáronse coa colocación de 1.500 plantas ornamentales para decoración, co incremento do número de contedores de lixo, e coa instalación de 100 cubos novos para recollida de flores e materiais usados no adorno de panteóns e nichos.
Tamén se porán ao servizo das persoas usuarias 200 escaleiras de madeira.
Como vén sendo habitual, habilitarase un dispositivo de tráfico e control de acceso ao cemiterio de San Amaro os días 31 e 1 de novembro, que será igual que o de anos anteriores e estará dirixido pola Policía local e contará coa colaboración do Servizo de Protección Civil.