Comerciantes e veciñanza coñecen a proposta de reordenación do tráfico no barrio do Burgo
Por Redacción
O concelleiro de Obras Urbanas e Transportes, Demetrio Gómez, mantivo na tarde deste martes unha xuntanza con comerciantes e empresarios do barrio do Burgo para explicarlles polo miúdo a proposta de reforma integral da rúa da Santiña e de reordenación do tráfico no barrio.
Esta xuntanza súmase a xa mantida a semana pasada con representantes da Asociación Sociocultural do Burgo para dar a coñecer esta actuación que, a partires de agora, pasa á fase de deseño de detalle por parte dos servizos municipais.
O deseño de detalle irá encamiñado, tal e como anunciara o concelleiro, a reordenar o tráfico de acordo coa filosofía do modelo de cidade, o que implicará a eliminación do tráfico de paso e de circulación e manterá tan só o tráfico necesario para o funcionamento do barrio.
A grandes trazos os principais cambios pasarán por inverter o sentido de circulación da avenida da Coruña (que pasaría a ser de subida en todo o vial); inverter o sentido de circulación do treito de Luis Otero que rodea o estadio de Pasarón, por detrás da bancada norte e por detrás da bancada de preferencia con saída cara a rotonda (da avenida de Compostela); inverter o segundo treito da rúa da Santiña, a partires da rúa Valentín Paz Andrade, de xeito que quede de sentido único de saída; e deixar a circulación en dobre sentido no treito histórico da rúa da Santiña (o treito máis próximo á rúa do Burgo).
Estes cambios tamén levarán aparellada unha pequena obra para cambiar a zona de aparcadoiros da avenida da Coruña, de xeito que queden situados á dereita segundo o novo sentido da circulación (subindo).
Relacionadas:
-
Máis cambios no Burgo: reforma da Santiña e nova dirección para a Avenida da Coruña
Por Alejandro Espiño |
-
A renovación de servizos en Domingo Fontán obriga a cortar parcialmente a rúa
Por Alejandro Espiño |
-
Dous carrís da avenida de Bos Aires pecharanse ao tráfico durante a instalación do paso elevado na Ponte do Burgo
Por Redacción |