Trasladan unha nena de dez anos cunha perna rota tras ser atropelada na Illa de Arousa
Por Redacción
Unha nena de dez anos de idade, L.M.D., resultou ferida como consecuencia dun atropelo na Illa de Arousa.
Segundo a información facilitada polo 112 o suceso tivo lugar este martes ás dez da mañá nun paso de peóns na rúa Castriños, moi preto do Instituto de Ensino Secundario a onde acudía a nena para participar nunhas actividades extraescolares.
Unha ambulancia trasladou á menor ao Hospital Comarcal do Salnés con diversas lesións, entre elas, unha perna rota.
A Policía Local da Illa está reunindo toda a información sobre as causas deste accidente. Despois de tomar declaración á condutora do vehículo espera poder escoitar a versión que dos feitos tamén poida facilitar a menor.