Apocalipse zombi no Sánchez Cantón
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
Por se ir ao instituto non fora xa bastante terrorífico, este mércores o Sánchez Cantón converteu a xornada lectiva nunha experiencia non apta para o alumnado con problemas cardíacos, tal e como advertiu a dirección deste centro educativo.
No paraninfo do instituto montaron un "túnel do terror" os alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Ensino e Animación Socio Deportiva. Toda unha apocalipse zombi.
As súas vítimas foron os incautos estudantes de primeiro e segundo da ESO que en grupos de oito foron percorrendo este terrorífico pasaxe en intervalos duns 10 minutos.
"O lado escuro do Sánchez" estaba decorado de forma macabra e cheo de personaxes aterradores ocultos nun ambiente tétrico e tenebroso.
Esta arrepiante actividade estivo coordinada por Josevi Cimadevila, profesor do Módulo de Animación, que contou coa colaboración do alumnado do Ciclo Superior de Maquillaxe do CIFP Frei Martín Sarmiento e da profesora Carmen Pernas, do Departamento de Debuxo.