Ferido un ciclista de 39 anos tras seren atropelado en Seixo
Por Redacción
Un ciclista resultou ferido ao ser atropelado este martes en Marín.
O home, J.A.S.G., de 39 anos, resultou golpeado polo vehículo cando circulaba fronte a Talleres Piñeiro, na parroquia de Seixo.
O suceso tivo lugar sobre as 7.50 horas na estrada xeral de Cangas a Pontevedra, segundo os datos facilitados polo 112.
Unha ambulancia asistencial de Urxencias Médicas trasladou o ferido ao Hospital Miguel Domínguez.