Verísimo Pazos seguirá dous anos máis á fronte da Federación Castelao
Por Redacción
Verísimo Pazos afrontará o seu cuarto mandato á fronte da Federación de Asociacións de Veciños Castelao. Encabeza a única candidatura que se presentou ás eleccións convocadas neste colectivo veciñal para este mércores. Será proclamado, salvo sorpresa de última hora, xa que non se prevé que na xornada electoral se presenten máis candidatos.
Faino liderando unha candidatura continuista coa actual. Estará acompañado por Begoña Mallo (Eduardo Pondal) como vicepresidenta, Juan Manuel Loureiro (San José de Campolongo) como secretario, Fernando Moledo (Campañó) como vicesecretario, Jaime Acuña (Estriceres) como tesoureiro e Milagros Iglesias (Os Tres Pinos, Xeve) como vicetesoureira.
Verísimo Pazos é presidente da Federación de Asociacións de Veciños Castelao desde 2007, ano no que substituíu a Ángel Mario Lago. ÿ un histórico do movemento veciñal pontevedrés. Liderou todo tipo de colectivos e plataformas sociais ao longo dos últimos anos, entre elas, actualmente a Plataforma Antipeaxe de Rande.