As pegadas dactilares delatan o autor dun roubo nun domicilio de Vilalonga
Por Redacción
Un mozo de 23 anos foi detido pola Garda Civil como presunto autor do roubo de ferramentas que se produciu nunha vivenda de Vilalonga o pasado mes de abril.
As pegadas dixitais recollidas no domicilio polos especialistas en inspeccións oculares foron clave para a identificación do detido, veciño de Meaño e que conta con antecedentes policiais.
O mozo, ao que a Garda Civil relaciona co roubo, forzou unha das xanelas da vivenda, apropiándose dunha importante cantidade de ferramentas.
O detido, tras prestar declaración no cuartel de Sanxenxo, deberá comparecer no xulgado de instrución de garda de Cambados como presunto autor dun delito de roubo con forza.