Os cemiterios municipais, a punto para o Día de Todos os Santos
Por Redacción
Operarios da empresa Ferrovial Servicios están realizando desde a semana pasada os traballos necesarios para que os cemiterios municipais de Pontevedra, San Amaro, Salcedo e Campañó, estean en perfectas condicións para o Día de Todos os Santos.
Estas limpezas xerais, ademais, tamén se están a facer no resto de camposantos aínda que non sexa e titularidade do Concello.
Así, estanse a realizar rozas e limpezas e aumentouse a flota de colectores nos lugares onde sexa necesario porque é coñecido que o lixo nos cemiterios do municipio incrementa nestes días porque os veciños queren ter en perfecto estados os seus panteóns ou nichos.
Ademais está previsto que nesta semana o servizo de recollida de lixo reforce as quendas nas contornas dos cemiterios municipais e, de ser preciso, recollerase o lixo varias veces ao día.
Relacionadas:
-
43 postos de venda de flores ocuparán A Ferrería durante o 31 de outubro e o 1 de novembro
Por Redacción |
-
O 15 de outubro abre o prazo para obter un posto no mercadillo de flores de Todos os Santos
Por Redacción |
-
O día de Todos os Santos volve encher os cemiterios de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
RADIO.- Crenzas e tradicións de Defuntos e Todos os Santos para crédulos, incrédulos e escépticos
Por Marisa Ciordia |