Sanxenxo rexeita 'parchear' o centro social do Revel e construirá un novo
Por Redacción
O proxecto do centro sociocultural do Revel, en Vilalonga, volve ao momento de partida. Os técnicos desaconsellan utilizar a estrutura existente e recomendan apostar por demolelo e utilizar a parcela para construír un edificio novo.
O Concello entende que, como mínimo, habería que reforzar e complementar a estrutura coa dificultade técnica que iso supón. Ademais, implicaría un importante incremento do custo do proxecto, que roza os 1,4 millóns, que obrigaría a facer unha nova licitación.
Tendo en cuenta estes condicionamentos, o goberno municipal optou por anular o actual contrato, derrubar a estrutura e partir de cero redactando un novo proxecto para esta parcela de 2.500 metros cadrados.
O Concello confía que o resultado final sexa un edificio mellor, pero avanza que isto atrasará a súa construción. O goberno promete axilizar a redacción do novo proxecto e a súa licitación, de maneira que se poidan adxudicar as obras canto antes.
O novo proxecto, máis aló da liberdade creativa do arquitecto que o redacte, contemplará as mesmas características e equipamentos.
O centro terá un auditorio, unha cafetería, unha ampla biblioteca, aulas de formación, despachos, aseos, gardarroupas e outras dependencias propias dun edificio destas características.
Relacionadas:
-
O Concello derruba a estrutura danada do centro sociocultural de Vilalonga
Por Redacción |
-
A urbanización do Revel custará case 1,3 millóns de euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo renovará o céspede artificial do campo de fútbol do Revel
Por Redacción |
-
A empresa COPCISA construirá o centro socio cultural do Revel
Por Redacción |
-
Os veciños de Vilalonga coñecen os proxectos para a parroquia
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo espera adxudicar as obras do novo centro sociocultural de Vilalonga antes de final de ano
Por Redacción |
-
O goberno local traballa na revisión do proxecto do centro social de Vilalonga
Por Redacción |