A Xunta dí que a solución do problema de saneamento do río Gafos é de estrita competencia municipal
Por Redacción
Tras sair publicadas as declaracións efectuadas este luns polo voceiro do Concello de Pontevedra, Raimundo González, sobre o saneamento do río Gafos, a Xunta de Galicia lamentou mediante un comunicado "unha vez mais a falta de colaboración da institución local coa Consellería de Medio Ambiente para resolver un problema que é de estrita competencia municipal ".
Augas de Galicia presentou ao concello no mes de maio o estudo da problemática do saneamento no río Gafos, efectuado "tras verificar que a as actuacións plantexadas polo concello son totalmente inútiles cos datos reais medidos a pé de obra e á vista da situación das infraestruturas existentes ".
Os verdadeiros problemas que a motivan teñen a súa orixe no deficiente funcionamento do sistema municipal no seu conxunto", di ó ente público
Aseguran os responsables de Augas de Galicia que dende o mes de maio, non recibiu resposta algunha do concello. "Como xa se informou o pasado mes de maio, a problemática do saneamento do río Gafos é moito máis complexa do previsto polo concello e non se solucionará a través dunha actuación concreta no colector paralelo ao río. Os verdadeiros problemas que a motivan teñen a súa orixe no deficiente funcionamento do sistema municipal no seu conxunto", di ó ente público nun comunicado.
Augas de Galicia propón un novo enfoque nas obras do río Gafos co obxectivo de reducir o aporte de augas pluviais ao mesmo e aliviar así parte da súa carga, o que redundará na mellora do funcionamento do colector. Ademais, propúxose a realización dun estudo detallado e minucioso de toda a rede de saneamento de Pontevedra destinado a planificar solucións realistas aos problemas estruturais que se encontren.
Para rematar engaden o seguinte parágrafo, "a Xunta de Galicia segue a manter a súa colaboración co Concello de Pontevedra en relación co saneamento do municipio, como demostra o feito de que Augas de Galicia xa executou practicamente todas as actuacións comprometidas no convenio a excepción da obra rescindida ".
Relacionadas:
-
Moreira recorre ao Parlamento para "desvelar o verdadeiro estado do río dos Gafos"
Por Redacción |
-
A APDR esixe que finalicen as verteduras nos ríos Gafos e Lérez
Por Redacción |
-
Vaipolorío estuda denunciar por delito ambiental as verteduras ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello insístelle a Augas de Galicia que a construción do colector do Gafos é "irrenunciable"
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera acusa á Xunta de "roubar" a Pontevedra por non completar o saneamento do Río dos Gafos
Por Alejandro Espiño |