Sorprenden tres infractores ao volante, dous sen puntos e un terceiro sen permiso, nun mesmo día
Por Redacción
Domingo atarefado o da Garda Civil de Pontevedra en materia de seguridade vial. Tres persoas foron imputadas como presuntos autores dun delito contra a seguridade do tráfico. Dúas delas, unha veciña de Poio e un mozo de Campelo (Poio), conducían o seu vehículo logo de perder todos os puntos do seu permiso, mentres que o terceiro, natural de Vilagarcía de Arousa, carecía do mesmo.
O primeiro deles foi localizado ás 2.30 da madrugada. G.L.M, de 22 anos de idade e veciño de Campelo circulaba pola estrada PO-308 entre Sanxenxo e Pontevedra, malia perder todos os puntos do seu permiso e non realizar o curso de reciclaxe. Non se lle inmobilizou o vehículo xa que o seu acompañante tiña o seu permiso en vigor e fíxose cargo do coche. Será citado para xuízo rápido nos Xulgados de Cambados.
Pola súa banda, na rúa Cruceiro de Vilanova de Arousa foi identificado D.G.F. de 28 anos de idade e veciño de Vilagarcía. Os axentes sorprendérono cando conducía un Mitsubishi Montero sen contar con permiso de conducir. Se lle considera como presunto autor dun delito contra a Seguridade do Tráfico e quedou en liberdade con cargos. Deberá presentarse este martes no Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía para xuízo rápido.
Ao mesmo xulgado, pero en Pontevedra, deberá acudir a terceira infractora. Trátase de R.M.P.C., veciña de Poio, que foi sorprendida pola Garda Civil no punto kilométrico 0,300 da rúa Valiña, en dita localidade. A imputada conducía un Seat Ibiza carecendo de autorización administrativa para conducir pola perda total dos puntos asignados legalmente. Tamén deberá afrontar un xuízo rápido.