O PP alerta dun déficit do 70% de axentes no cuartel da Garda Civil de Ponte Caldelas
Por Redacción
O PP de Ponte Caldelas alerta da proliferación de roubos e incidentes no municipio nos últimos tempos e de que hay unha falta de axentes que fan "practicamente inoperativo" o cuartel da Garda Civil na localidade.
O voceiro do PP, Antón Xil, reclama ao alcalde, Andrés Díaz, e á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, a celebración dunha Xunta Local de Seguridade para analizar a situación. No caso do alcalde, fíxolle esa petición por escrito .
O concelleiro do PP indica que no cuartel do municipio, nestes momentos, hai un déficit de persoal superior ao 70%, xa que dos 11 axentes que habitualmente estaban destinados na actualidade tan só hai 2 ou 3 axentes en servizo.
En canto aos roubos, indican que hai unha recente vaga de incidentes. Pese a ser un concello tranquilo e cun índice de delincuencia moi baixo, consideran necesario que se tomen medidas para que as estatísticas en materia de seguridade cidadá sigan en cifras mínimas.
Entre outros incidentes, falan de acontecementos como o roubo en catro establecementos empresariais do municipio nunha mesma fin de semana. Na súa opinión, o feito de que os efectivos estean "en situación moi precaria" redunda negativamente no servizo a pesar dos esforzos que realizan os profesionais asignados a esta demarcación.
Relacionadas:
-
Andrés Díaz vincula os últimos roubos con "feitos illados" e nega que haxa inseguridade na vila
Por Redacción |
-
A Garda Civil investiga catro roubos nunha noite na mesma zona de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas analiza as redes sociais e o seu papel no espallamento dos clichés sexistas
Por Redacción |