Turismo de Sanxenxo dá a coñecer a súa oferta en Málaga e Sevilla
Por Redacción
O Clúster de Turismo de Galicia organiza reunións de traballo en dúas feiras que se celebrarán en Málaga e Sevilla ás que asistirá a técnica de Turismo de Sanxenxo.
Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística de Sanxenxo, Turismo de Sanxenxo estará presente nas dúas xornadas que terán lugar en Málaga, o día 22 de outubro, e en Sevilla, o día 23 de outubro.
Sanxenxo levará diferente material promocional, como poden ser folletos, as tarxetas NFC e a APP da propia empresa municipal.
Estes encontros con axentes da zona teñen como obxectivo favorecer o desenvolvemento de sinerxias co sector turístico de cidades coas que Galicia ten conexións aéreas directas. Por iso, estas xornadas incluirán traballos con operadores turísticos andaluces e portugueses.
O goberno local ten un proxecto. "Sanxenxo 12 meses ao ano", que ten como obxectivo mellorar os resultados como destino vacacional en tempada baixa, apostando pola organización de eventos, turismo de saúde, gastronomía, e natureza.
Preténdese ampliar a cifra de ocupación en 30 fins de semana concretas das tempadas media e baixa para conseguir pasar dos 50 hoteis abertos na tempada intermedia a 70 e que, dos 14 que en actualidade manteñen aberto todo o ano póidase chegar ao medio centenar no prazo duns anos.