O PP esixe unha reforma integral da Casa Consistorial ante o seu "maltrato y abandono"
Por Alejandro Espiño
A antiga casa do concello da Praza de España, que o próximo ano cumprirá o seu 140 aniversario, é un edificio emblemático da cidade e, segundo denunciou o PP, "se cae a trozos". Por iso é polo que os populares reclamen a reforma integral deste edificio, un "símbolo" da cidade que ao seu xuízo está "maltratado y abandonado".
Os edís Rafa Domínguez e Pepa Pardo avanzaron que o PP pedirá, a través dunha moción que se debaterá no próximo pleno municipal, a rehabilitación deste edificio nobre, unha das "grandes joyas", engaden os populares, da arquitectura Pontevedra.
"A Lores y compañía poco o nada le importa el estado de este edificio", explicou Pepa Pardo, que lembrou que se trata dunha obra do que fora o arquitecto municipal Alejandro Sesmero, unha construción que "es el reflejo del orgullo de haber recuperado la capitalidad de la provincia".
A casa do concello, engadiu Pardo, é unha edificación histórica que está "olvidada y desplazada" da vida dos pontevedreses a pesar da súa "privilegiada localización".
Os populares mostraron fotografías do estado do inmoble que reflicten os teitos desconchados, as ventás rotas, os chans inestables ou as humidades que se rexistran no edificio e alertaron da falta de seguridade que viven os funcionarios que traballan na súa planta baixa.
"A la vista está la dejadez del Concello con nuestro patrimonio: no han hecho nada y tiempo desde luego han tenido", lamentou a edil do PP, que acusou ao goberno municipal de "dejadez y pasotismo" cos "emblemas" e o patrimonio da cidade.
O CONCELLO TRABALLA NUN PROXECTO
A este respecto, os técnicos municipais traballan desde hai meses nun proxecto para rehabilitar a antiga casa do concello. O propio alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recoñece que "haberá que meterlle o dente" a este edificio, ao formar parte dun patrimonio histórico "a conservar".
Ademais, Fernández Lores entende que pode ter un uso "que nos fai falta" como centro cultural ou referente institucional, unha vez se solucionen os seus problemas de accesibilidade. Iso si, o rexedor asegura que existen "prioridades máis perentorias" que fan que a maquinaria administrativa do Concello "estea noutros asuntos".