Como evacuar un bus escolar en menos de 20 segundos
Por Oskar Viéitez
Este mércores no IES Vilalonga fíxose un simulacro de evacuación dun autobús en caso de accidente, incendio ou calquera outro altercado. Os ocupantes do vehículo demostraron gran axilidade evacuándoo en menos de 20 segundos.
Por outra banda, tamén este mércores tivo lugar a presentación do Programa Educativo do Concello de Sanxenxo, documento que aglutina todas as iniciativas formativas tanto complementarias como extraescolares das diferentes áreas municipais.
"Trátase de dar a coñecer a oferta das distintas concellerías dirixidas ao alumnado dos centros educativos e ás persoas adultas", segundo indicaron desde o Concello.
Nesta reunión con ANPAS e centros educativos estiveron presentes a concelleira de educación e cultura, e o concelleiro de servizos sociais, deportes e mocidade, aínda que no programa educativo participan ademais as concellerías de seguridade cidadá e medio ambiente.
Cada ano Sanxenxo mellora e amplía a súa oferta educativa co obxectivo de complementar a formación académica dos estudantes facilitando a súa participación en actividades deportivas, culturais, ambientais e que fomenten os hábitos saudables.