Igualdade subvenciona actividades contra a violencia de xénero postas en marcha polas ANPAS
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores unha resolución da Secretaría Xeral de Igualdade que dá conta da ampliación do orzamento da orde de subvencións destinada a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas en marcha polas asociacións de nais e pais galegas.
Deste xeito, beneficiaranse na provincia un total de 35 ANPAS con case 105.000 euros, das cales unha será destinada á FANPA de Pontevedra e outras nove corresponden a centros da cidade do Lérez (ANPA do CEIP San Miguel de Marcón, ANPA San Xosé de CEP Campolongo, asociación de nais e pais de alumnos Río Lérez do CEIP Manuel Vidal Portela, a ANPA O Areeiro do CEIP San Benito de Lérez, a ANPA Xunqueira I, a ANPA pardo Bazán do CEIP Froebel, a asociación O Galo do Colexio Barcelos, a ANPA Andaina do CEIP Xunqueira II e a ANPA O Pino do IES Torrente Ballester). En total, para estas asociacións de nais e pais destinaranse 31.217 euros.
Outras dúas corresponden á comarca do Salnés (a ANPA A Prixela do CEIP Viñagrande de Deiro de Vilanova de Arousa, e a ANPA do CEIP Valle-Inclán do Grove) e outra á ANPA Celenis CPI Alfonso VII de Caldas de Reis. En total, para tres asociacións de nais e pais destinaranse 11.279 euros.
Outras dúas corresponden ao concello de Vilaboa (a ANPA do CEIP O Toural, e a ANPA Os Pequenos do CRA de Vilaboa) En total, para estas asociacións de nais e pais destinaranse 5.140 euros.
Estas axudas están financiadas no desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.