Unha muller resulta ferida nun atropelo na rúa Rosalía de Castro
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este mércores 16 de outubro nun atropelo acontecido na rúa Rosalía de Castro de Pontevedra.
O accidente tivo lugar minutos antes das 13:00 horas da tarde nun paso de peóns da citada rúa.
A vítima foi unha muller de 39 anos de idade.
Ata o lugar acudiron efectivos do Urxencias Médicas e tamén da Policía Local de Pontevedra.
Tras ser atendida no punto, a muller foi trasladada ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra con lesións nunha perna.