Rafa Domínguez ofrece axuda á xunta de persoal do Concello nas súas reivindicacións laborais
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola súa compañeira Pepa Pardo, mantivo este mércores un encontro cos delegados sindicais que compoñen a xunta de persoal do Concello de Pontevedra.
Na reunión "todos nos han dicho que la situación es complicada", sinalou o popular en relación ás reivindicacións dos traballadores municipais, que pasan entre outras pola petición dun incremento salarial ou o incremento de persoal en determinados postos.
Dóminguez explicou que a súa intención é "ayudarlos en todo lo que podamos" porque "que los funcionarios del Concello no estén contentos es un motivo de preocupación para el Partido Popular", sinalou.
Ambas as partes emprazáronse a seguintes reunións coa idea de manter unha comunicación fluída.
Na reunión estiveron representados os sindicatos CSIF, Sindicato de Policías, UXT, CCOO, Afumpo e CIG.