Sanxenxo súmase á campaña solidaria "Recicla vidro por elas"
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo súmase á campaña posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente "Recicla vidro por elas".
Unha iniciativa que combina a sensibilización social sobre a reciclaxe con fins solidarios. Para isto, instalarase nos próximos días, un iglú de reciclaxe, na Praza de Pascual Veiga, de cor rosa, en consonancia coa imaxe do Día Mundial do Cancro de mama.
Esta campaña que impulsa Ecovidro ten como obxectivo recadar fondos que se destinarán á prevención e a investigación sobre o cancro, que afecta cada ano a miles de mulleres. E, por cada quilo de vidro que se recicle, doarase 1 euro, á Fundación Ibarra de Solidaria.
O concelleiro de medio ambiente fai "un chamamento aos veciños e visitantes para que estes días, máis que nunca, depositen os seus envases de vidro neste contedor".