Recta final para as obras de reforma integral da rúa Lepanto

Por Redacción
Tres semanas. É a prórroga que solicitou a empresa EC Casas para rematar as obras de reforma integral da rúa Lepanto que, nos últimos días, entraron na súa recta final coa colocación do lastro que formará parte do novo pavimento.
O proxecto de reforma de Lepanto consiste na creación dunha plataforma única, con pavimento de lastro confinado en bandas de formigón e remata cunha zona de estancia con árbores e bancos na cabeceira que conflúe coa rúa Benito Corbal.
Antes de esta fase, os operarios da empresa renovaron todos os servizos soterrados, separaron as augas pluviais e fecais e converteron a rúa nun espazo de preferencia peonil e convivencia con estacionamento de servizos.
As melloras ofertadas pola empresa a este proxecto é a renovación da iluminación coa recuperación de oito luminarias cun modelo diferente ao actual e a pavimentación do cruzamento entre as rúas Lepanto e San Antoniño.
Esta obra de reforma urbana supuxo un investimento de 183.401,08 euros.
Relacionadas:
-
Cortan o tráfico este martes no primeiro tramo de San Antoniño para asfaltar
Por Redacción |
-
A humanización da rúa Lepanto concluirá esta semana
Por Manu Otero |
-
Comeza a colocación do lastro na rúa Lepanto
Por Redacción |
-
Adxudican por 183.401 euros as obras para a reforma integral da rúa Lepanto
Por Natalia Puga |
-
Un total de 19 empresas optan a reformar a rúa Lepanto a comezos de 2019
Por Redacción |