Inician unha campaña informativa sobre recollida selectiva para o comercio e hostalería do centro histórico
Por Redacción
O Concello de Pontevedra iniciará este luns 14 de outubro campaña informativa entre a hostalería e comercio da zona monumental para lembrarlles os servizos de recollida selectiva 'porta a porta' de cartón e vidro que están implantados en toda a zona.
Esta campaña, informan, terá continuidade nas próximas semanas no resto da cidade co obxectivo de reforzar a concienciación sobre a reciclaxe e tentar na medida do posible incrementar as cifras desta práctica no municipio.
A empresa concesionaria da recollida de lixo, Ferrovial Servizos, entregará un folleto a cada establecemento da zona monumental no que se lembra en que consiste a recolleita porta a porta de cartón e vidro implantada en Pontevedra no ano 2008. Nos dous casos trátase dun servizo gratuíto e destinado en exclusiva a todos os locais con actividade económica.
No caso do cartón e papel, lémbraselles que deben encartar e amontoar diante da porta do seu establecemento, sendo un servizo que está activo de luns a sábado entre as 21:'00 e as 0:00 horas.
En canto ao vidro, é un servizo que se desenvolve de luns a sábado a recollida selectiva é os martes, venres e sábado a partir das 22.30 horas.
Relacionadas:
-
O Concello informa aos comercios da cidade da recollida selectiva de cartón e papel porta a porta
Por |
-
Os pontevedreses reciclan 267 toneladas de residuos cada mes
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello instala novos colectores no centro histórico
Por Redacción |
-
Non é unha folga de recollida de lixos, é o día a día da contorna do Teatro Principal
Por Manu Otero |
-
A renovación dos contedores azuis para papel e cartón, en marcha
Por Redacción |
-
As illas de reciclaxe no rural amplíanse aínda máis e superarán as 210
Por Alejandro Espiño |
-
Estudan ampliar a recollida de vidro porta a porta máis alá do centro histórico
Por Alejandro Espiño |