Os nenos tamén celebran a patroa da Garda Civil
Por Redacción & Cristina Saiz
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra acolleu este venres unha festa infantil nas súas instalacións como previa aos actos do Día do Pilar, que se celebrará este sábado 12 de outubro.
Os nenos tomaron o protagonismo con diferentes actividades.
Entre elas destacaban dous inchables e un xogo de tiro con arco que sacaron os sorrisos dos máis pequenos.
A xornada completouse cunha merenda e cun sorteo de agasallos, todo iso ante a atenta mirada de axentes e familiares.