Moraña cubrirá os contedores e mellorará a sinalización turística para embelecer a vila
Por Redacción
O goberno municipal de Moraña vén de poñer en marcha un plan turístico para embelecer os espazos públicos da vila. É unha actuación na que se investirán 53.000 euros, que sairán na súa maior parte dunha axuda da Axencia de Turismo de Galicia.
Este plan inclúe, na súa primeira fase, a instalación de cubrecontedores e a colocación de nova sinalización informativa.
As once estruturas de madeira que se colocarán para cubrir os contedores próximos ás principais iconas turísticas de Moraña estarán na carballeira da Ffeira (2), na capela de Santa Margarida, na capela dos Milagres de Amil (2), na igrexa de Santa Cruz de Lamas (2) e nas de Cosoirado, Rebón e San Martiño de Gargantáns, así como na carballeira de Santa Xusta.
En canto á sinalización informativa, que será a seguinte actuación, pretende facilitar a chegada dos visitantes a estes puntos de interese.
Están proxectados un total de 34 fitos nas inmediacións da capela de Santa Margarida (2), igrexa de Saiáns (5), capela dos Milagres de Amil (3), igrexa de Amil (3), igrexa de Cosoirado (4), igrexa de San Lourenzo (3), Pazo da Buzaca (4), igrexa de Rebón (2), Muiños das Laxes (4), igrexa de Gargantáns (3) e Fonte de Santa Xusta (1).
Relacionadas:
-
Comezan as obras para a mellora da contorna do santuario das Milagres de Amil
Por Redacción |
-
Moraña recupera o histórico edificio da cámara agraria de Alende
Por Redacción |
-
Moraña remata a creación dunha nova senda fluvial nos ríos Cornide e Agra
Por Redacción |
-
Posta de longo da Vía Mariana en Moraña cunha peregrinación aos Milagres de Amil
Por Redacción |