Estudan a creación dun servizo municipal para atender as afeccións neuronais de menores
Por Redacción
Paloma Castro, concelleira de Benestar Social, mantiña este venres un encontro con representantes das asociacións Amizade, Amencer-Aspace e Down Pontevedra Xuntos. Durante a reunión, a responsable municipal comprometeuse a estudar a implantación dun servizo municipal de detección e atención temperá para tratar, paliar e buscar solucións ás afeccións neuronais en menores de idade.
A concelleira socialista indicou que existen cidades como Valladolid nas que xa existen servizos municipais destas características e entende que permitiría reducir os efectos dun déficit sobre o conxunto global do desenvolvemento dun menor, ademais de evitar ou reducir a aparición de efectos secundarios ou asociados producidos por un trastorno. Tamén se atenderían e cubrirían as necesidades e demandas das familias.
Por outra banda, desde Benestar Social tamén se impulsará a iniciativa Voces Ocultas. Trátase dunha proposta inclusiva na que a través da música se desenvolven capacidades dos usuarios das tres asociacións. Este vai iniciarse desde xaneiro no Estudo Bonobo e tratará diferentes materias como poesía, guión, música, fotografía, vídeo e artes plásticas.
A actividade contará cun concerto final no mes de xuño, ademais da presentación dun libro e dun vídeo en decembro. Ambos os proxectos presentaranse no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Carmen Pomar, conselleira de Educación, destaca o valor de Amencer-Aspace na consecución dunha escola inclusiva
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Amigos de Galicia 'comparte ilusión' entre os usuarios do centro Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Persoas con diversidade amosarán o seu talento artístico o mércores 4 no Museo na gala Voces Ocultas 2019
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Pontevedra dálle a volta á parálise cerebral
Por Manu Otero |
-
Maxia e un obradoiro de cociña por parte da Asociación Down 'Xuntos', principais novidades da VII edición do Festival Núbebes
Por Almu Dapena |
-
Amizade propón cambios nos vestiarios e no acceso ás piscinas do Centro Municipal de Campolongo
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |