Identifican o condutor que causou estragos na Rotonda das Anclas
Por Redacción
A Policía Local de Marín xa interceptou o condutor que se accidentou na Rotonda das Anclas.
Despois de investigar o sucedido na mañá deste xoves, os axentes identificaron o home que tivo o accidente ao virar o seu camión e que estragou unha parte do mobiliario público.
Trátase dun veciño de Meis, que traballa para unha empresa de transportes.
Mentres tanto, o Concello está en trámite de repoñer a pedra que resultou danada e xa retirou os cascotes que quedaron desprendidos e que podían supoñer un perigo para o tráfico rodado na zona.