O PP crea unha comisión para vixilar e controlar os contratos que faga o Concello
Por Redacción
Vixiar e controlar "en qué se gasta el dinero, cómo se gasta y de qué forma se gasta" cada euro das arcas municipais. Ese é o obxectivo, segundo Rafa Domínguez, da comisión interna que crearán os populares para vixiar e controlar a contratación pública do Concello.
"Es nuestra obligación y nuestro deber hacerlo", sinalou Domínguez, que compareceu en rolda de prensa acompañado do edil Juan Manuel Muñoz, que será o encargado de "auditar" todos estes contratos desde o punto de vista económico.
Pola súa banda, Pablo Fernández dirixirá a área técnica desta comisión e Pepa Pardo a sección xurídica, na que estará acompañada de profesionais especializados, entre outras materias, en dereito administrativo e na lei de protección de datos.
En relación aos contratos sobre os que se traballa, Domínguez anunciou que se trata daqueles de "suficiente entidad y envergadura" como para que as contas do Concello se vexan afectadas. Ademais, inclúense aqueles asinados no últimos catro anos fiscais.
Neste momento, o Partido Popular está a estudar "en profundidad" cinco contratos: o de lixos, o de auga, o de composteiros individuais, o do campo de futbol de Ponte Sampaio e un quinto que non quixeron desvelar ao estar aínda en proceso de adxudicación.
O portavoz do PP lembrou ademais que o Concello utilizou de forma "absolutamente indiscriminada" a utilización de contratos negociados sen publicidade ata que cambiou a lei, o que ao seu xuízo fai diminuír de maneira "drástica" a transparencia nas contratacións.
Domínguez sinalou que os populares tamén investigarán a "sorprendente reiteración" das empresas adxudicatarias nos concursos públicos que, segundo dixo, "es al menos llamativo y lo comenta la gente en la calle".
A pesar desta declaración de intencións, Rafa Domínguez sinalou que "a día de hoy" os populares non detectaron ningún "ilícito penal" na política de contratacións do Concello ou sequera nada que consideren que debe ser posto ao dispor da Fiscalía.
Relacionadas:
-
Pepa Pardo, do PP, levará á "autoridade competente" as irregularidades detectadas en facturas do goberno local
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP advirte aos veciños receptores de composteiros da obrigación de notificalo a Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez ofrece axuda á xunta de persoal do Concello nas súas reivindicacións laborais
Por Redacción |
-
O PP pide a implantación do voto telemático no Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez, en Oviedo: "Hai alternativas para ter unha cidade máis limpa"
Por Redacción |