Pedaladas recomenda non usar o patinete eléctrico en Pontevedra ante a "enorme inseguridade xurídica"
Por Redacción
Pontevedra carece dunha normativa que regule e permita circular aos patinetes eléctricos e similares polas rúas, así o denuncia a asociación Pedaladas, que recomenda aos usuarios deste vehículo que eviten utilizalo ao producirse unha gran inseguridade xurídica na cidade.
Alertan de que o seu uso pode ter consecuencias penais, como sucedeu no caso do sinistro na rúa Blanco Porto cando un usuario de patinete circulaba pola beirarrúa e tivo un accidente cun automóbil. Foi sancionado por circular pola beirarrúa con 200 euros e con outros 500 euros por conducir o patinete eléctrico baixo os efectos do alcol.
Segundo expoñen, os patinetes eléctricos poden ser sancionados por circular pola calzada xa que non están autorizados e tamén por circular pola beirarrúa e mesmo polo carril bici. Poden ser considerados culpables "por defecto" de calquera sinistro ao carecer de consideración de vehículos autorizados na vía pública.
Pedaladas indica que se rexistran casos graves nos xulgados cando chegan as denuncias porque non existe lexislación aprobada que regule a taxa de alcol e drogas, a necesidade de seguro ou de licenza para circular destes Vehículos de Movilidad Persoal (MVP).
O colectivo incide no caos normativo actual e compara o caso da sanción de 100 euros que a Garda Civil impuxo a unha condutora de patinete que circulou e saltou unha mediana na autoestrada AP9 fronte á multa de 200 euros establecida pola Policía Local de Pontevedra ao usuario que circulaba pola beirarrúa.
#Ante esta situación, reclaman ao Concello unha normativa de forma urxente que se adapte ás novas formas de mobilidade eléctrica e á bicicleta, co obxectivo de proporcionar seguridade xurídica. A actual normativa local remóntase ao ano 1989, segundo indica Pedaladas e non contempla os novos dispositivos de mobilidade, o que supón un risco en caso de verse involucrado nun sinistro porque os MVP actualmente carecen de consideración de vehículo.
Relacionadas:
-
O PP lamenta a falta de conexión ciclista entre os aparcamentos disuasorios e o centro de Pontevedra
Por Redacción |
-
Tráfico 'pon coto' aos patinetes: a menos de 25 km/h e prohibidos por beirarrúas e zonas peonís
Por Alejandro Espiño |
-
A Policía Local de Marín aprende a actuar ante os patinetes eléctricos
Por Redacción |
-
Mosquera sobre os patinetes eléctricos: "A norma está clara, o que hai son infraccións"
Por Manu Otero |
-
Sofre un accidente cun patinete eléctrico e acaba multado por ir con el pola beirarrúa e borracho
Por Natalia Puga |