O 15 de outubro abre o prazo para obter un posto no mercadillo de flores de Todos os Santos
Por Redacción
A festividade do día de Todos os Santos está ao virar a esquina e no Concello xa empezaron os preparativos para a organización do tradicional mercadillo de flores. Os interesados en instalar un posto de venda terán que enviar a súa solicitude entre o 15 e o 28 de outubro.
Esta actividade realízase cada ano na praza da Ferrería os días 31 e outubro e 1 de novembro, xornadas na que é tradición acudir aos cemiterios para lembrar aos seres queridos e colocar un centro de flores frescas.
Os interesados deberán cumprimentar o correspondente formulario e acompañalo dunha fotocopia do DNI e o resgardo do pago dunha taxa que ascende a 5,15 euros por metros cadrado ocupado. O ano pasado instaláronse nesta praza 42 puntos de venda.
Relacionadas:
-
43 postos de venda de flores ocuparán A Ferrería durante o 31 de outubro e o 1 de novembro
Por Redacción |
-
Os cemiterios municipais, a punto para o Día de Todos os Santos
Por Redacción |
-
O Mercado da Ferrería acolle menos flores que outros anos
Por Mónica Patxot |
-
42 postos de flores animarán o mercado de Todos os Santos na Ferrería
Por Redacción |